Table of Contents Table of Contents
Previous Page  52 / 60 Next Page
Information
Show Menu
Previous Page 52 / 60 Next Page
Page Background

Prevención de Riscos Laborais en Autoescolas

50

7.2. RISCOS PARA TODOS OS VEHÍCULOS EXCEPTO

MOTOCICLETAS

O asento do vehículo (banqueta e respaldo) permite unha posición estable e

confortable para o profesorado?

O profesorado pasa moito tempo sentado no asento do coche, debe adoptar unha

postura cómoda e ergonómica.

O espazo do vehículo non supón un impedimento para o óptimo desenvolvemento da

actividade do profesor dentro do turismo, camión ou autobús?

Evitar sobre ocupar os vehículos ou levar bolsas ou outros obxectos que reduzan o

espazo dos ocupantes.

7.3. RISCOS ASOCIADOS A VEHÍCULOS INDUSTRIAIS

O vehículo dispón de asas adecuadas para subir e baixar do mesmo con seguridade?

A ausencia ou deterioración de asas adecuadas supón un grave risco de caída. Realizar

as correspondentes revisións de seguridade e un correcto mantemento dos elementos

de seguridade.

Compróbanse os niveis de ruído e vibracións no interior dos vehículos?

A existencia de numerosas queixas adoita ser indicativo desta situación.

Un deficiente mantemento do vehículo xera niveis de ruído e vibracións prexudiciais,

sobre todo en vehículos antigos.