Traballamos xuntos por un medio laboral seguro
49
7.1. RISCOS XERAIS
Os vehículos son sometidos ás inspeccións técnicas regulamentarias (ITV)?
Recoméndase ter unha listaxe coas datas de revisión dos vehículos.
Os vehículos revísanse no taller seguindo as instrucións do fabricante?
Os talleres oficiais coñecen as especificidades de cada vehículo. Evitar realizar as
revisións en talleres distintos dos oficiais.
Os traballadores foron instruídos para que comproben periodicamente o estado e
presión dos pneumáticos, o nivel de aceite, o funcionamento dos freos e o resto de
elementos que afectan directamente á seguridade?
É importante comprobar os estados dos niveis destes parámetros. Instaurar follas
de control.
A empresa proporciona aos traballadores un protocolo de actuación en caso de
accidente?
Ao ocorrer na estrada, o propio accidente pode ser fonte de risco dun segundo
accidente. É importante saber actuar en caso de accidente. Proporcionar normas e
instrucións por escrito nas que se especifiquen as actuacións a realizar en caso
de accidente.
O profesorado dispón dentro do vehículo de todo o necesario para actuar en caso de
incidencia?
Todos os vehículos deben ter os elementos de seguridade necesarios: chalecos,
extintores, etc.
As paradas durante as clases de circulación efectúanse nun lugar seguro e en
condicións óptimas de seguridade?
Un vehículo mal estacionado supón un gran risco de accidente. Realizar paradas en
zonas seguras, evitando estacionamentos en dobre fila ou en lugares inapropiados.




