Table of Contents Table of Contents
Previous Page  47 / 60 Next Page
Information
Show Menu
Previous Page 47 / 60 Next Page
Page Background

Traballamos xuntos por un medio laboral seguro

45

O persoal encargado da limpeza posúe fregonas e cepillos adaptados

ergonomicamente (como mangos das fregonas e cepillos adaptables á altura e

dispositivos na fregona para facilitar o escorreito)?

Os mangos das fregonas e cepillos deben poder adaptarse á altura dos traballadores

con obxecto de permitirlles manter as costas ergueitas mentres os usan. A fregona debe

contar cun dispositivo mecánico para facilitar o escorreito. Utilizar produtos con marcado

C? indica que cumpren as condicións de seguridade necesarias.

Existen escaleiras portátiles, en bo estado e con dispositivo para evitar a súa apertura

incontrolada, de altura suficiente para as necesidades de acceso a zonas altas de

modo que non sexa preciso manter os brazos por encima dos ombreiros?

Asegurarse de que as escaleiras cumpran coas condicións de seguridade necesarias: en

bo estado, con dispositivo para evitar a súa apertura incontrolada, etc. Utilizar produtos

con marcado CE? indica que cumpren as condicións de seguridade necesarias.

Os traballadores foron instruídos para evitar un uso inadecuado das escaleiras

portátiles, por exemplo, non subir ou baixar coas mans ocupadas, de lado ou de costas,

utilización dunha escaleira de altura insuficiente, alcances horizontais excesivos por

non mover a escaleira?

Formar aos traballadores no correcto uso das escaleiras portátiles.