Table of Contents Table of Contents
Previous Page  56 / 60 Next Page
Information
Show Menu
Previous Page 56 / 60 Next Page
Page Background

Prevención de Riscos Laborais en Autoescolas

54

Está controlado o almacenamento de materiais combustibles?

Se se almacenan materiais combustibles, prestar especial atención á súa almacenaxe e

a súa normativa.

Disponse dunha instalación de extinción (normalmente extintores) adecuada ao

risco existente e debidamente sinalizada, instalada por unha entidade competente e

sometida a revisións periódicas?

Deben existir extintores en determinados puntos dos centros de traballo. A súa

localización dependerá das zonas de máxima ocupación e onde haxa puntos de risco:

preto de fontes de calor, caldeiras, almacenaxe de produtos inflamables, etc. Deben

estar situados de forma visible, de acceso fácil e a unha altura non maior de 1.50 m.

Compróbase con regularidade o estado da instalación de extinción?

Os extintores e outras fontes de extinción deben pasar revisións periódicas.

As vías e saídas de evacuación están sinalizadas e mantéñense libres de obstáculos

en todo momento?

É moi importante que as vías e saídas de evacuación estean libres de obstáculos. O

incumprimento deste apartado é un risco moi grave que pode xerar consecuencias

funestas para a integridade das persoas en caso de emerxencia.

Disponse de iluminación de emerxencia e sinalización para facilitar a evacuación do

local?

De non ser así, instalar de maneira urxente.

As portas de emerxencia abaten cara ao exterior e pódense abrir desde dentro sen

necesidade de chave?

As portas que abren cara ao interior están prohibidas, pois teñen o risco de quedar

bloqueadas por avalancha de persoas no caso de que se produza a necesidade de

evacuar o local.