Table of Contents Table of Contents
Previous Page  55 / 60 Next Page
Information
Show Menu
Previous Page 55 / 60 Next Page
Page Background

Traballamos xuntos por un medio laboral seguro

53

8.1 RISCOS ASOCIADOS A ASCENSORES E MONTACARGAS

Realízase un mantemento dos ascensores por unha entidade competente e son

sometidos a revisións periódicas?

Só poden ser revisados por persoal cualificado. Asegurarse de que se realizan coa

periodicidade establecida o mantemento e as revisións regulamentarias.

As portas dos ascensores dispoñen de seguro para evitar a súa apertura en ausencia

da cabina?

Os ascensores modernos xa levan esta medida de seguridade.

A cabina ten sinalizada a carga máxima de uso e existen dispositivos de aviso de

exceso de carga e inmobilización da cabina?

Asegurarse de que estea visible esta sinalización. Repor en caso de deterioración.

A iluminación da contorna é apropiada e existe alumado de emerxencia,

(Mínimo 100 lux)?

Asegurarse do seu correcto funcionamento. Revisar as instalacións periodicamente.

8.2 RISCOS ASOCIADOS A INCENDIOS E OUTRAS SITUACIÓNS

DE EMERXENCIA

Están controladas as posibles fontes de ignición (estufas, calefactores, enchufes

sobrecargados...)?

Non instalar preto de produtos potencialmente inflamables. Revisar periodicamente e

realizar un correcto mantemento.

Están controlados os produtos inflamables, se os hai? (mantidos nos seus recipientes

pechados, mentres non se utilicen e afastados das fontes de calor durante a súa

utilización)

Ter coidado cos produtos inflamables como produtos de limpeza, combustibles ou

aceites para motos, etc. Almacenar adecuadamente e afastados de fontes de calor.