Traballamos xuntos por un medio laboral seguro
47
Fornécese repousapés aos traballadores que o piden?
O repousapés é recomendable a persoas que, pola súa baixa estatura, non chegan a
apoiar ben os pés no chan.
Nos postos dedicados ao procesamento de textos ou datos, existe un atril porta-
documentos e espazo na mesa para situalo xunto á pantalla?
O atril porta-documentos evita riscos cervicais e dorso lumbares ao evitar mirar cara
abaixo en postura forzada.
A pantalla colócase a 40-50 cm dos ollos do usuario, en todos os postos?
Utilizar elementos estruturais que garantan que os ollos do traballador estean á
devandita altura. Pódense utilizar libros antigos de base estable e dura.
En todos os postos, disponse polo menos de 10 cm libres entre o bordo da mesa e o
teclado para apoiar as bonecas?
Os postos deben dispor polo menos de 10 cm libres entre o bordo da mesa e o teclado
para apoiar as bonecas e evitar así lesións posturais nas mesmas.
Os traballadores foron informados os mecanismos que permiten axustar o mobiliario
do seu posto de traballo e sobre o obxectivo postural destes axustes?
Débese informar os traballadores dos riscos do seu posto de traballo e as medidas
preventivas para liquidar tales riscos.
A localización dos postos con respecto ás luminarias logra que non se produzan
reflexos na pantalla nin deslumbramentos?
Os postos con pantallas de visualización de datos deben estar situados de forma que
non se produzan reflexos na pantalla nin deslumbramentos. Isto lograrémolo: utilizando
difusores nas luminarias e dispondo os postos de traballo de forma perpendicular ás
xanelas (evitando que a xanela quede enfronte ou detrás do computador).
As xanelas contan con dispositivos de modulación da luz natural, como persianas ou
estores?
De non ser así, instalar dispositivos de modulación da luz natural.




