Traballamos xuntos por un medio laboral seguro
55
Neste apartado achéganse os principais documentos necesarios para a xestión da
prevención.
A documentación xenérica en materia de prevención exixible legalmente pola LPRL, como
diciamos no apartado relativo á xestión dos riscos laborais é a seguinte:
Plan de prevención.
É un conxunto ordenado de actividades necesarias para a
implantación da PRL na empresa (proporcionado polo sistema OiRA).
Avaliación de riscos.
É o proceso dirixido a estimar a magnitude dos riscos
existentes na actividade laboral (proporcionado polo sistema OiRA).
Planificación da acción preventiva
(proporcionado polo sistema OiRA).
Práctica dos controis do estado de saúde dos traballadores
(recoñecementos
médicos ou a renuncia dos traballadores aos mesmos).
Relación de accidentes de traballo e enfermidades profesionais
con incapacidade
superior a un día.
De forma complementaria recoméndase, e por iso aparece recollido no apartado 9 do
OiRA? Documentación da xestión preventiva?:
Información aos traballadores dos riscos no seu posto de traballo.
Información aos traballadores especialmente sensibles dos riscos no seu posto de
traballo.
Normas de actuación en caso de incendio ou outras situacións de emerxencia.
Información e entrega dos EPI´s.
Protocolo de investigación dos accidentes de traballo.
NO SISTEMA OiRA PROPORCIÓNANSE MODELOS DE TODOS
ESTES DOCUMENTOS.
DOCUMENTACIÓN DA
XESTIÓN PREVENTIVA
9.
1
2
3
4
5




