Table of Contents Table of Contents
Previous Page  53 / 60 Next Page
Information
Show Menu
Previous Page 53 / 60 Next Page
Page Background

Traballamos xuntos por un medio laboral seguro

51

7.4. RISCOS ASOCIADOS ÁS MOTOCICLETAS

O profesorado dispón de todos os sistemas de seguridade necesarios para el e o seu

alumnado (casco, luvas, roupa, etc.)?

A súa ausencia pode producir accidentes graves. Proporcionar EPIs, formar no seu uso e

asegurarse de que se utilizan.

O remolque das motocicletas conta con elementos de suxeición cómodos e adecuados

para a carga e descarga das mesmas?

O proceso de descarga das motocicletas supón un grave risco de lesións

musculoesqueléticas. Proporcionar elementos necesarios para a súa correcta descarga.

Informar o profesorado destes riscos e formarlles nesta tarefa.

O profesorado dispón de axuda para a carga e descarga das motocicletas?

Establecer protocolo para que a descarga de motocicletas se faga con axuda, evitando

que unha soa persoa faga devandito traballo.