Prevención de Riscos Laborais en Autoescolas
42
É necesario coñecer se a limpeza do centro realízase polos traballadores da empresa ou
este servizo é subcontratado.
SE O SERVIZO É SUBCONTRATADO
Se o servizo é subcontratado, non é necesario cumprimentar o apartado do OiRA
relacionado con este tema, pero hai que ter coidado coa coordinación empresarial.
Cando, nun mesmo centro de traballo, desenvolven actividades traballadores de dúas ou
máis empresas, estas deberán cooperar na aplicación da normativa sobre prevención de
riscos laborais. A tal fin, establecerán os medios de coordinación que sexan necesarios en
canto á protección e prevención de riscos laborais e a información sobre os mesmos aos
seus respectivos traballadores, nos termos previstos no apartado 1 do artigo 18 desta Lei.
En cadro que achegamos refírense as obrigacións do Empresario Principal, neste caso as
autoescolas, respecto ao persoal de limpeza subcontratado.
Se ten subcontratado a unha empresa de limpeza, o titular da autoescola é o EMPRESARIO
PRINCIPAL, e ten certas obrigacións cos traballadores da empresa subcontratada
(aparecen no cadro da páxina de á beira), pero que se poden resumir en: esixir á empresa
de limpeza a avaliación de riscos e que formasen aos traballadores que vaian limpar á
autoescola, e fornecer información a estes traballadores, dos riscos específicos que poidan
existir nas súas instalacións e os xerais das situacións de emerxencia.
RISCOS ASOCIADOS Á
LIMPEZA DO CENTRO
5.




