Table of Contents Table of Contents
Previous Page  42 / 60 Next Page
Information
Show Menu
Previous Page 42 / 60 Next Page
Page Background

Prevención de Riscos Laborais en Autoescolas

40

4.2. RISCOS ASOCIADOS Á FORMACIÓN EN CIRCUÍTO PECHADO

Nesta sección descríbense os riscos máis comúns durante as clases prácticas en

circuíto pechado.

Clasificamos os riscos en función da clase de tipo de permiso de que se imparte.

4.2.1. Permisos A, A1, B+E e B96

Instrúese ao profesorado de prácticas para baixar as motocicletas dos remolques

utilizando ramplas ou con axuda doutra persoa?

Se os materiais pesan máis de 25 kg, non deben levantarse por unha soa persoa, é

necesario buscar axuda doutro traballador ou utilizar axudas mecánicas. Informar o

profesorado do risco da carga e descarga e a correcta forma de realizar un levantamento

seguro (técnica de levantamento de Davis).

O profesorado de prácticas garda distancia de seguridade prudencial durante as

prácticas de motocicleta para evitar un atropelo?

Informar o profesorado para que garde distancia de seguridade.

O profesorado de prácticas leva pantalóns e luvas cando manipulan as motocicletas

unha vez acabadas as prácticas, evitando queimaduras coas partes quentes da

mesma?

Informar os traballadores de tales riscos e proporcionarlles os EPI´s necesarios para o

seu uso (exclusivamente individual).