Table of Contents Table of Contents
Previous Page  40 / 60 Next Page
Information
Show Menu
Previous Page 40 / 60 Next Page
Page Background

Prevención de Riscos Laborais en Autoescolas

38

Infórmase o profesorado de prácticas dos riscos de utilizar o teléfono móbil, GPS, ou

fumar durante a práctica de condución (pode distraer ao alumnado)?

Informar o profesorado deste posible risco.

Instrúese ao profesorado de prácticas para que adopten unha postura correcta

durante as prácticas de condución?

Formar ao profesorado de prácticas para que adopten unha postura correcta durante as

prácticas de condución.

Infórmase o profesorado de prácticas a conveniencia de cambiar de postura e efectuar

paradas curtas cada dúas horas de condución?

É conveniente cambiar de postura e efectuar paradas curtas cada dúas horas de

condución para evitar posibles lesións ao manter a mesma postura.

Instrúese ao profesorado de prácticas no uso dos elementos ergonómicos adaptables

do vehículo (repousacabezas, asento, temperatura,?)?

Formar ao profesorado de prácticas no uso dos elementos ergonómicos adaptables do

vehículo: repousacabezas, asento, temperatura, etc.

Instrúese ao profesorado de prácticas en técnicas de comunicación e asertividade

para o manexo de situacións xeradas polo trato co alumnado conflitivo?

A relación co alumnado pode ser fonte de conflitos. É importante formar ao profesorado

en estratexias que axuden a previr e solucionar posibles conflitos.

Infórmase os traballadores da conveniencia de utilizar lentes de sol e cremas

hidratantes para combater os efectos do sol?

Propor a utilización de lentes de sol e cremas *hidratantes para combater os efectos do

sol, así como a utilización de cristais tintados.

Recoméndase ao profesorado de prácticas que a temperatura no vehículo estea

dentro do rango óptimo tanto no inverno como no verán?

Correcto uso do aire acondicionado para manter a Tª en rango óptimo.