Traballamos xuntos por un medio laboral seguro
39
Instrúese ao profesorado de prácticas para que estean correctamente hidratados
(auga ou zumes) durante a xornada laboral, especialmente no verán?
Formar ao profesorado sobre os riscos dunha elevada exposición térmica. Recomendar
e favorecer unha correcta hidratación.
Proporciónase ao profesorado de prácticas dos EPI´s e medidas profilácticas
adecuadas para o uso en caso de sospeita de alumnos con posibles enfermidades
contaxiosas como catarros, gripes, etc?
Formar ao profesorado sobre o uso de EPI´s. Proporcionar a cada profesor os EPI´s
necesarios para o seu uso (exclusivamente individual).
Os traballadores están instruídos no uso dos medios de extinción de incendios?
Asegurarse de que cada lugar de traballo (oficina ou vehículo) dispón dos medios
adecuados para afrontar tal situación. Formar ao profesorado no seu uso.
Os traballadores teñen prohibido fumar dentro do coche e, fóra del, durante as
operacións de reposición?
Deixar claro, a través de normas de actuación, sobre esta prohibición.
Proporciónanse equipos de protección individual (EPI´s) aos traballadores e estimúlase
e vixía o seu correcto uso?
Formar ao profesorado sobre o uso de EPI´s. Proporcionar a cada profesor os EPI´s
necesarios para o seu uso (exclusivamente individual).




