Table of Contents Table of Contents
Previous Page  39 / 60 Next Page
Information
Show Menu
Previous Page 39 / 60 Next Page
Page Background

Traballamos xuntos por un medio laboral seguro

37

4.1. RISCOS XERAIS

O profesorado de prácticas comproba o correcto estado físico e psicolóxico do

alumno antes das clases prácticas, constatando que non ten síntomas de alteracións

fisiolóxicas ou conductuais que impidan unha condución segura?

Non se debe permitir ao alumnado conducir se manifesta síntomas de alteracións

*fisiológi,ou conductuais que lle impidan realizar unha condución segura.

Recoméndase realizar un protocolo de actuación para estes casos no que se

especifique que facer e como comunicar ao alumnado tal situación, para evitar que esta

situación poida derivar nun conflito co alumnado.

O profesado de prácticas comproba o correcto funcionamento e estado do vehículo

(pneumáticos, freos, suspensión, luces, intermitentes, cintos de seguridade,?) antes de

iniciar cada xornada de práctica?

É importante que o profesorado realice estas comprobacións antes de cada xornada

práctica. Un vehículo en deficiente estado de funcionamento pode producir un accidente

de gravidade.

Instrúese ao profesorado de prácticas para que poidan comprobar o estado dos

elementos de seguridade do vehículo?

É importante que o profesorado saiba realizar estas comprobacións e esta pregunta pon

de manifesto a existencia, ou non, dun plan de formación aos traballadores.

Infórmase o profesorado de prácticas dos riscos que supón a condución en condicións

climáticas adversas?

O profesorado debe coñecer os riscos que supón a condución en condicións climáticas

adversas. Débense extremar o coidado en tales condicións.

Os teus profesores usan o cinto de seguridade?

Recomendar o uso do cinto de seguridade por parte do profesorado de prácticas en

poboado a pesar de non ser obrigatorio.