Table of Contents Table of Contents
Previous Page  37 / 60 Next Page
Information
Show Menu
Previous Page 37 / 60 Next Page
Page Background

Traballamos xuntos por un medio laboral seguro

35

A lousa (manual ou dixital) atópase á altura adecuada?

Situar a lousa de forma que o usuario non teña que facer movementos esaxerados

de hiperextensión.

Fórmase ao profesorado en medidas preventivas para evitar os riscos do mantemento

sostido da postura?

É importante Informar o profesorado dos principais riscos ergonómicos do mantemento

sostido da postura e as súas principais medidas preventivas. O sistema OiRA adxunta un

documento explicativo sobre os principais riscos ergonómicos da actividade docente e

as súas medidas preventivas, como alternar posturas sentadas e de pé, alternar o peso

do corpo sobre cada pé, mantemento correcto da postura, etc.

Infórmase o profesorado dos riscos foniátricos asociados á emisión de voz e das

medidas preventivas para evitalos e/ou minimizalos?

Informar o profesorado dos riscos foniátricos asociados á emisión de voz e das medidas

preventivas para evitalos e/ou minimizalos. O sistema OiRA adxunta un documento

explicativo sobre os principais riscos foniátricos da actividade docente e as súas

medidas preventivas.

O chan das aulas está limpo e libre de obstáculos: bolsos, cartafol, etc.?

A acumulación de obxectos supón risco de tropezos e caídas, ademais de supor un

risco á hora de evacuación do edificio en caso de necesidade. Isto podémolo evitar con

medidas como:

1. Distribución racional dos asentos do alumnado, deixando o espazo suficiente para

que as persoas poidan pasar sen dificultade.

2. Evitar a acumulación de obstáculos que dificulten o paso das persoas aos seus

asentos, solicitando ao alumnado que poña o seu material debaixo das súas

cadeiras, etc.

Proporciónase ao profesorado formación básica sobre psicoloxía, pedagoxía e

resolución de conflitos propios do ensino e o trato co alumnado?

Proporcionar ao profesorado nocións básicas sobre psicoloxía, pedagoxía e resolución

de conflitos propios do ensino e o trato co alumnado. Establecer protocolos de

actuación para o caso de alumnos conflitivos.