Prevención de Riscos Laborais en Autoescolas
32
2.6 RISCOS ASOCIADOS ÁS CONDICIÓNS AMBIENTAIS
Lembre que o nivel mínimo de iluminación é de 500 lux. Non é preciso facer medicións se
se percibe que a iluminación é claramente suficiente ou insuficiente. En caso de dúbida
pode proceder á mellora da iluminación existente ou realizar medicións para asegurarse
da necesidade de facer as melloras. Neste caso, haberá que recorrer a un apoio técnico
especializado.
A ventilación ha de ser polo menos de 30 m
3
por hora e persoa no local, incluíndo ao
público se o hai. Se a ventilación é a través de xanelas e os postos non están demasiado
afastados delas pódese considerar que, en xeral, cúmprense os requisitos.
A iluminación nos postos de traballo permite realizar con comodidade o desempeño
das funcións? (Se aparecen queixas significativas, marcar a resposta non).
A aparición de queixas adoita indicar unha disfunción lumínica. Nese caso recoméndase
a implantación de medidas correctoras (mellorar a iluminación).
O nivel de ruído que existe nos postos de traballo é o aceptable para a realización das
tarefas? (Se aparecen queixas significativas, marcar a resposta non).
A aparición de queixas adoita indicar problemas de illamento sonoro. Nese caso
recoméndase a implantación de medidas correctoras tendentes a mellorar o illamento
sonoro.
A temperatura do aire está comprendida entre 17º*C-24º*C no inverno e 23º*C-27º*C
no verán?
Estas condicións lógranse mediante sistemas de regulación de temperatura: aire
acondicionado e calefacción. A lexislación indica que os postos de traballo estean baixo
este rango de temperatura.
Garántese a renovación do aire nos locais mediante unha boa ventilación e mantense
a humidade relativa en valores comprendidos entre o 30 e 70 %? (Se aparecen queixas
significativas, marcar a resposta non).
Estas condicións lógranse mediante sistemas de regulación de temperatura, como aire
acondicionado, ventiladores ou similares.




