Table of Contents Table of Contents
Previous Page  28 / 60 Next Page
Information
Show Menu
Previous Page 28 / 60 Next Page
Page Background

Prevención de Riscos Laborais en Autoescolas

26

Cada posto de traballo dispón dun espazo mínimo de 2m

2

de superficie libre, 2.5 m de

altura desde o chan até o teito e 10 m

3

non ocupados por traballadores?

Non se deben establecer postos de traballo que non permitan ter espazo suficiente aos

traballadores para un normal exercicio das súas funcións.

A iluminación xeral é suficiente para poder transitar sen dificultade e con seguridade?

Pódese avaliar de forma visual. Se existen queixas frecuentes sobre o estado da

iluminación é un indicador dalgunha deficiencia. Realizar un mantemento adecuado da

iluminación.

Realízanse as tarefas de limpeza de forma que non supoñan risco de tropezos,

esvaradíos e caídas para os demais traballadores e en caso de necesidade, choiva,

limpeza, etc. advírtese do risco de escorregar cando o chan está mollado?

Utilizar sinalización adecuada para avisar destas circunstancias. Con esta simple medida

evítanse esvaradíos e caídas que poden producir lesións de distinta gravidade.

2.2 RISCOS DE PORTAS E BIOMBOS

Do mesmo xeito que para moitos dos riscos deste apartado, os fabricantes de portas e

biombos constrúenas cumprindo as normas de seguridade. Desta forma o principal labor

do empresario será asegurarse de que cumpren a normativa vixente (marcado CE?).

A avaliación destes riscos é intuitiva e no caso de non posuír algún dos elementos

preguntados débese responder ? non procede?.

As portas exteriores teñen unha anchura mínima de 80 cm?

As construcións actuais cumpren a anchura mínima.

As portas e biombos transparentes están sinalizadas?

Cando haxa algunha porta transparente débese pór algún sinal visual (adhesivo, logo,

etc.) que faga destacable a porta e evítense golpes co cristal transparente.