Traballamos xuntos por un medio laboral seguro
25
Os corredores teñen unha anchura mínima de 1 m, estando libres de obstáculos que
dificulten o seu paso?
Os corredores veñen construídos coa anchura mínima regulamentaria, pero hai que
asegurarse que se atopan libres de obstáculos (fotocopiadoras, almacenamento de
materiais, etc.) que dificulten a circulación e poidan xerar riscos en caso de necesidade
de evacuación por algunha emerxencia.
O chan é regular, sen partes que sobresaian, desniveis ou deficiencias que poidan
provocar tropezos e caídas?
Hai que asegurarse de que o chan sexa regular, realizando as operacións de
mantemento necesarias se houbese algún dano.
O chan está feito de materiais antiescorregadizos que non escorregan?
No caso de que o piso da oficina sexa esvaradío é necesario pór materiais
antiescorregadizos como moquetas, alfombras, etc.
2.1 RISCOS EN ZONAS DE TRABALLO E CORREDORES




