Table of Contents Table of Contents
Previous Page  30 / 60 Next Page
Information
Show Menu
Previous Page 30 / 60 Next Page
Page Background

Prevención de Riscos Laborais en Autoescolas

28

2.3 RISCOS DE ESCALEIRAS FIXAS

As construcións modernas seguen a normativa de seguridade en relación ás seguintes

preguntas. Se se realiza algunha modificación na construción das escaleiras, débense ter

en conta estes aspectos.

Os pavimentos das escaleiras son de materiais non esvaradíos ou dispoñen de

elementos antiescorregadizos?

As caídas en escaleiras son extremadamente perigosas. Se os banzos das escaleiras

son esvaradíos débense pór tiras antiescorregadizas.

As escaleiras teñen unha anchura de polo menos 1 m para as normais e 55 cm para

as de servizo (aquelas cuxo uso é esporádico e restrinxido a persoal autorizado)? Os

banzos das escaleiras normais teñen unha pegada (profundidade) comprendida entre

23 e 36 cm e unha altura de entre 13 e 20 cm, mentres que as escaleiras de servizo

teñen unha pegada de polo menos 15 cm e unha altura máxima de 25 cm?

Segundo normativa.

As escaleiras e ramplas de máis de 60 cm de altura están protexidas mediante

varandas ou varandas de material ríxido e teñen unha altura mínima de 90 cm?

Segundo normativa.

As escaleiras de caracol úsanse, exclusivamente, como escaleiras de servizo?

Segundo normativa.

As escaleiras teñen unha iluminación suficiente que garante unha visibilidade

adecuada para o seu uso e a súa iluminación de emerxencia se fose necesario?

A falta de iluminación pode xerar riscos de caídas, coas graves consecuencias que isto

pode producir. É necesario iluminar correctamente estes espazos.