Traballamos xuntos por un medio laboral seguro
23
Dáse información aos traballadores sobre o resultado do seu traballo, e
recoñecemento, no seu caso?
É importante que o traballador teña información sobre o desempeño do seu traballo. O
recoñecemento dos seus méritos aumenta a autoestima e a produtividade, mentres que
o coñecemento dos seus erros permite coñecer que espera a empresa del.
Desde a organización tómanse medidas para favorecer un bo clima laboral?
Mentres que un bo clima oriéntase cara aos obxectivos xerais, un mal clima destrúe o
ambiente de traballo ocasionando situacións de conflito, malestar e xerando un baixo
rendemento.
A calidade do clima laboral atópase intimamente relacionada co manexo social dos
directivos, cos comportamentos dos traballadores, coa súa maneira de traballar e de
relacionarse, coa súa interacción coa empresa, coas máquinas que se utilizan e coas
características da propia actividade de cada un.
Evítase a realización habitual de xornadas prolongadas máis aló do horario regulado
da empresa?
Se con frecuencia os traballadores deben facer moitas máis horas que as que establece
o seu horario habitual, é un indicador de que o posto de traballo está mal deseñado (falta
persoal) producindo elevados niveis de tensión laboral nos traballadores.
Favorécese a comunicación dos traballadores co seu superior respecto dos problemas
organizativos ou de relación que poidan xurdir?
A comunicación entre traballadores e empresarios é crucial. Todos deben ter claros
cales son as canles de comunicación e deben poder utilizalos con liberdade e confianza.
Cando o traballador non ten claro cales son as súas tarefas concretas a realizar e
que funcións debe, ou non debe realizar, denomínase ambigüidade de rol. É unha das
principais fontes de tensión laboral.




