Table of Contents Table of Contents
Previous Page  22 / 60 Next Page
Information
Show Menu
Previous Page 22 / 60 Next Page
Page Background

Prevención de Riscos Laborais en Autoescolas

20

Factores psicosociais

son as condicións que se atopan presentes no traballo e que

teñen capacidade para afectar ao benestar e á saúde dos traballadores. En principio esta

definición é neutra e carece de compoñente de perigo. Estes factores transfórmanse nun

risco cando aparecen na contorna laboral de forma incorrecta, por exemplo se existen

situacións frecuentes de agresividade e violencia por parte do alumnado ou familiares,

cando os traballadores non teñen suficiente formación, ou esta é incompleta, para a tarefa

que desenvolven ou cando os traballadores non coñecen con exactitude como actuar ante

determinadas situacións (conflito de rol), por pór só algúns exemplos.

Existe unha gran variedade de riscos psicosociais: violencia no traballo, acoso laboral,

conflito de rol, ambigüidade de rol, falta de apoio social, falta de formación, etc. Os

traballadores/as, ao estar expostos a estas situacións, xa teñen a posibilidade real de sufrir

un dano na saúde, que será proporcional á frecuencia coa que se padeza esta situación e

ao perigo potencial propio de cada risco.

A exposición continuada das persoas a riscos psicosociais xeralmente produce

TENSIÓN

LABOR

AL, que é unha reacción fisiolóxica e psicolóxica do organismo cando se atopa

cunha situación de ameaza. É o resultado da incapacidade dos individuos de estar á altura

das esixencias ou as expectativas postas neles.

A EXPOSICIÓN CONTINUADA DE TENSIÓN ACABA PRODUCINDO DISTINTOS

TRASTORNOS PARA A SAÚDE, QUE PODEN IR DESDE ALTERACIÓNS DE TIPO

GASTROINTESTINAL, TENSIÓN MUSCULAR, PALPITACIÓNS E HIPERTENSIÓN,

ATÉ ESTADOS DE ANSIEDADE, DEPRESIÓN E SÍNDROME DO QUEIMADO.

A avaliación de riscos deste apartado no OiRA

fai incidencia en factores psicosociais

que é preciso controlar: carga de traballo, formación dos traballadores, participación dos

traballadores, certa autonomía na aplicación do traballo, información sobre o grao de

realización do desempeño da tarefa, boa comunicación e ambiente laboral.

RISCOS ASOCIADOS Á

ORGANIZACIÓN DO TRABALLO

1.