Prevención de Riscos Laborais en Autoescolas
16
A presentación, tanto do Parte de accidente de traballo como a Relación de accidentes
ocorridos sen baixa médica, realízase exclusivamente vía Internet a través do Sistema
Delt@ (Sistema de Declaración Electrónica de Accidentes de Traballo), habilitado polo
Ministerio de Emprego e Seguridade Social.
PARA A TRAMITACIÓN DAS ENFERMIDADES PROFESIONAIS
UTILIZARASE O SISTEMA CEPROSS.
Para poder utilizar estes sistemas de notificación electrónica é indispensable obter
unha
firma dixital.
A Fábrica Nacional de Moeda e Timbre - Real Casa da Moeda (FNMT-
RCM
http://www.fnmt.es), a través do seu departamento CERES (Certificación Española)
ofrécelle os certificados electrónicos recoñecidos pola ampla maioría das Administracións
Públicas, o certificado FNMT Clase 2CA e a certificado AC FNMT Usuarios.
Nalgúns casos as autoescolas tramitan estas situacións a través dunha xestoría.
RELACIÓN DE ACCIDENTES DE
TRABALLO E ENFERMIDADES
PROFESIONAIS




