Prevención de Riscos Laborais en Autoescolas
12
Se os resultados da avaliación de riscos laborais puxesen de manifesto situacións de risco,
o empresario realizará aquelas actividades preventivas necesarias para eliminar ou reducir
e controlar tales riscos. Ditas actividades serán obxecto de planificación polo empresario,
incluíndo para cada actividade preventiva o prazo para levala a cabo, a designación de
responsables e os recursos humanos e materiais necesarios para a súa execución.
O EMPRESARIO DEBERÁ ASEGURARSE DA EFECTIVA EXECUCIÓN DAS
ACTIVIDADES PREVENTIVAS INCLUÍDAS NA PLANIFICACIÓN, EFECTUANDO
PARA ISO UN SEGUIMENTO CONTINUO DA MESMA.
O sistema OiRA xerará un plan de actividade en función dos riscos detectados previamente
coa identificación de riscos. Neste plan hai unha serie de solucións preventivas estándar,
que poden ser ampliadas polas solucións que cada usuario queira expor.
PLANIFICACIÓN DA
ACTIVIDADE PREVENTIVA




