Prevención de Riscos Laborais en Autoescolas
14
O empresario garantirá aos traballadores ao seu servizo a vixilancia periódica do seu
estado de saúde en función dos riscos inherentes ao traballo (art.22 LPRL).
A vixilancia é un procedemento máis amplo que o recoñecemento médico, pero este
último adoita ser a única medida xeralmente utilizada.
Esta vixilancia, salvo determinadas excepcións (non aplicables a autoescolas),
só poderá levar a cabo cando o traballador preste o seu consentimento. Desta
forma o Empresario debe ofrecer aos seus traballadores a posibilidade de realizar o
recoñecemento médico, cuxa periodicidade adoita ser anual. No caso de que algún
traballador decline realizar estes recoñecementos, estes deben asinar un documento
onde se recolla esta renuncia.
ESTA VIXILANCIA DA SAÚDE DEBE REALIZALA
PERSOAL MÉDICO ESPECIALIZADO.
Xeralmente concértase un acordo cunha entidade especializada na medicina do
traballo.
O Empresario debe gardar a documentación nesta materia.
VIXILANCIA DA SAÚDE DOS
TRABALLADORES




